PolíticaÚltima hora

Baltar creará un consello comarcal para ter “unha foto exacta do momento en cada territorio da provincia”

Así o anunciaba o candidato á reelección na presidencia do PP ourensán no Barco e en Trives, onde proseguiu a súa campaña de cara ao congreso provincial

 

Prosegue á campaña á presidencia do PP ourensán de Manuel Baltar de cara ao 18º Congreso Provincial do partido. Nesta xornada mantiña unha xuntanza cos compromisarios das comarcas de Valdeorras e das Terras de Trives. “Para dar unha axeitada resposta ás necesidades da veciñanza é imprescindible ter unha foto exacta do momento en cada territorio da provincia”, afirmou hoxe o candidato á reelección da presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, explicando así a súa proposta de creación dun consello comarcal que, a través de reunións periódicas, “nos permita coñecer esa realidade máis actual”.

No Barco e na Rúa, onde o candidato proseguiu a súa campaña, Baltar explicou que a súa iniciativa ten como punto de partida unha innovadora experiencia realizada en marzo de 2019, con vistas ás eleccións locais de maio, “onde xuntamos a todos os candidatos do PP ás alcaldías para que, distribuídos por comarcas, fixeran as súas achegas cunha visión que ía máis aló do ámbito estritamente local”.

Unha nova dinámica de traballo, engadiu, “que vai na liña da filosofía da nosa formación, que non só traballa durante os quince días de campaña electoral, senón durante todo o ano”. Por iso, anunciou tamén, “o comité de campaña pasará a ter carácter permanente co obxectivo de dar solucións inmediatas tanto ao propio partido como incorporar as novas esixencia da sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button