PolíticaÚltima hora

Baltar iniciará o xoves unha xira para presentar a súa candidatura á presidencia do PP de Ourense

Verín e Xinzo de Limia serán o punto de partida desta campaña electoral interna, cuxo lema será "Baltar escoita"

 

O candidato á reelección no Congreso Provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, iniciará o próximo xoves, 2 de setembro, unha rolda de encontros con alcaldes do partido, portavoces municipais, presidentes de agrupacións locais e compromisarios de toda a provincia para dar a coñecer as súas propostas de cara a un novo mandato á fronte dos populares ourensáns. Unha xira que baixo o lema “Baltar escoita” inclúe oito reunións comarcais e que rematará o día 14, tal e como sinala o regulamento do congreso.

Verín e Xinzo de Limia serán o punto de partido da campaña electoral interna que desenvolverá o único candidato, continuando o venres día 3 en Bande e Celanova; o día 8 no Barco de Valdeorras e Pobra de Trives; o día 13 en Ribadavia e O Carballiño; para finalizar na xornada do martes 14 en Ourense.

Ademais de explicar polo miúdo as liñas de actuación a desenvolver durante o próximo mandato, Manuel Baltar aproveitará a súa visita ás distintas comarcas para tomar o pulso ás principais necesidades e demandas de cada territorio que expoñan os cargos e compromisarios pertencentes ás agrupacións locais convocadas a cada reunión.

Artigos relacionados

Back to top button