Baltar: “O PP foi a forza máis votada en 64 dos 92 concellos da provincia”

O presidente do PP de Ourense convocaba na tarde do 27 de maio aos medios para facer balance dos resultados do 26M

Rosendo Fernández e Manuel Baltar no balance dos resultados do 26M.

 

O PP de Ourense convocaba aos medios de comunicación na tarde do 27 de maio na súa sede na cidade das Burgas para valorar os resultados do 26M. Os populares fan un balance positivo dos resultados resaltando que foron a “única forza política que conseguíu aumentar o seu apoio electoral na provincia con respecto ás eleccións xerais, pasando do 34,81 % en abril ao 38 % neste domingo, datos que compre poñer en valor pois significan que en 29 días fomos quen de gañar unhas eleccións xerais, onde o voto é máis ideolóxico, e unhas locais de carácter máis persoal, ademais dos comicios europeos”, tal e como sinalaban Manuel Baltar, o presidente do PP de Ourense, e Rosendo Fernández, coordinador de campaña e secretario xeral.

Na súa intervención Baltar agradecía o traballo realizado polos 2.569 interventores e apoderados do partido que estiveron nas 542 mesas da provincia, e ademais de felicitaba “aos 876 concelleiros elixidos nestas eleccións, así como a todos os partidos que obtiveron representación municipal e aos que desexamos a mellor das sortes”.

Para o presidente provincial, a vitoria popular está “aínda máis lexitimida pola resposta dos ourensáns, que convertiron á provincia na primeira de Galicia en participación co 72,13 %, 5 puntos máis que a medida de Galicia e sete puntos máis que a media nacional”.

 

Outro dos momentos da rolda de prensa.

Botando man dos datos Baltar indicaba que o PP foi “a forza máis votada en 64 dos 92 concellos (69,56 %), de tal xeito que en sete de cada dez concellos houbo victoria do PP. Isto se traduce en 461 concelleiros dos 876 en xogo (52,62 %). Os 415 restantes son de diversas candidaturas e iso hai que telo en conta á hora de valorar o resultado obtido polo noso partido”, apuntou Baltar.

E engadía que o PP obtivo 53 maiorías absolutas saídas directamente das urnas (57,60 % de concellos), “é dicir, que seis de cada dez concellos teñen maioría absoluta popular, gañando en todos os partidos xudiciais agás en Valdeorras”.

Mauel Baltar, candidato á presidir a Deputación, apuntou que cos datos actuais o PP obtería 12 escanos, “resultado provisional pois estamos a revisar os datos obtivos nos 37 concellos que forman o partido xudicial de Ourense”

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies