Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Baltar presenta a súa candidatura á presidencia da Deputación

No acto, celebrado en Celanova, adiantaba a súa idea de goberno cun programa con 77 medidas fixadas
Presentación da candidatura de Manuel Baltar á presidencia da Deputación en Celanova.
Presentación da candidatura de Manuel Baltar á presidencia da Deputación en Celanova.

O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova acollía o acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar á presidencia da Deputación de Ourense na mañá do 18 de abril. “Un acto sen precedentes en todo o Estado, pois nunca antes se proclamara un candidato para presidir unha institución provincial, única administración cuxos representantes non se elixen en urna”, tal e como se destacaba dende o PP de Ourense.

Na súa intervención, Manuel Baltar proclamaba a súa paixón por Ourense, “unha terra traballadora, creativa e emigrante”. Ademais quixo facer unha lembranza aos ourensáns emigrantes, que “forman parte do corazón de Ourense. Seguiremos facendo Ourense para eles, ainda que non podan votar o 24 de maio”.

Manuel Baltar durante a súa intervención.
Manuel Baltar durante a súa intervención.

No tocante ao seu programa de goberno, resaltaba a importancia do territorio e da cooperación. “Creo na Deputación como elemento transformador da provincia, nun conxunto de persoas que pensan en clave de Ourense. Temos equipo e temos programa: 77 medidas (dispoñibles na páxina web do PPOU) que serán unha realidade”.

No decurso do acto interviñan tamén o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, a parlamentaria autonómica e voceira do PPOU, Cristina Romero; o secretario de Organización do PPOU, Pablo Pérez; o vicesecretario xeral do PPOU e candidato nº7 por Ourense, Jorge Pumar; ou o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button