A innovación, a xestión económica, o “goberno verde” e a interacción total coa cidadaní. Son os eixos do “Plan Ourense 15-19”, “o primeiro programa electoral de ámbito provincial co que” o PP concorrerá ás eleccións do vindeiro 24 de maio, tal e como apuntaba o presidente desta formación política na provincia de Ourense, Manuel Baltar, na mañá do 31 de marzo na cidade das Burgas.
“Son 77 accións a realizar en 48 meses, baixo o lema “Ourense en futuro”, dando prioridade á eficacia na xestión económica, á política de “goberno verde”, á participación cidadá, ao termalismo e aos avances tecnolóxicos baseados no concepto de “Provincia intelixente”. Todo elo baixo o denominador común da innovación e centrándonos naqueles aspectos que poden achegar competitividade e modernidade á nosa provincia”, aseguraba Baltar na presentación.
O candidato popular indicaba tamén que o horizonte 15-19 “será o momento da implantación do concepto de “Provincia Intelixente”, “patentado” por este goberno provincial. Neste programa desenvolveranse aspectos como: Administración Electrónica Provincial, Intelixencia de Información Provincial e Toma de Decisións Intelixentes, todo elo cunha vertente irrenunciable de cooperación e asistencia ás entidades locais da provincia”, entre outras cuestións.
Fotos: Carlos G. Hervella