Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Baltar reúnese en Trives cos compromisarios ao congreso provincial do PP

É a primeira reunión deste tipo que mantén o candidato á presidencia deste partido en Ourense

O candidato á presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, mantiña unha reunión en Trives cos máis de 150 compromisarios de Valdeorras, Terra de Caldelas e Trives que participarán no congreso provincial do PP do 5 de marzo. “Un partido en continua evolución debe, necesariamente, dar a oportunidade a persoas que acheguen novas ideas e cheguen á política con novas forzas”, aseguraba no encontro.

Ademais resaltaba que o PP de Ourense é desde fai tres anos a organización política máis dinámica de toda España, “afirmación avalada pola renovación do 70 % de liderados nos 72 congresos locais xa celebrados”. Para o novo mandato, o candidato comprométese a finalizar este proceso de renovación convocando a vintena de congresos locais que restan por celebrar, con especial atención ao congreso de Ourense cidade.

A renovación ten asemade entre os seus obxectivos ás Novas Xeracións do PP, que no novo período deberán convocar o seu congreso provincial.

Artigos relacionados

Back to top button