OurenseÚltima hora

A Banda da Factoría de Subsistencia presenta novo disco este venres na Miteu

Será no Teatro Principal cun concerto ás 23.00 horas
O grupo actuará no Teatro Principal de Ourense este venres.
O grupo actuará no Teatro Principal de Ourense este venres.

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) continúa coa súa programación cultural e este venres acolle unha actuación musical da Banda da Factoría de Subsistencia. O grupo aproveitará a ocasión para presentar o seu último traballo discográfico, “Cerca da túa orella”. Será no Teatro Principal ás 23.00 horas e a entrada terá un prezo de cinco euros.

O grupo está formado por Josito Porto (voz e guitarra), Sabela Dacal (acordeón e voz), Mon Orencio (guitarra e bailo) e José Lameiras (batería e harmónica). Nesta ocasión tamén contará coa participación do cantante de Ruxe-Ruxe, Vituco Neira, que os acompañará con coros e baixo.

Artigos relacionados

Back to top button