CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A “Banda das Apertas” do rues Magín Blanco, chega este domingo ao Auditorio de Ourense

O espectáculo musical especialmente pensado para os máis pequenos comezará ás 12h.
A Banda as Apertas, con Magín Blanco á dereita.

O Auditorio Municipal de Ourense acolle este domingo, 9 de abril, o espectáculo do cantautor rues Magín Blanco “Banda das Apertas”. Nesta ocasión o creador de “A nena o grilo” o estará acompañado polos músicos María Faltri, Jorque Juncal e Jerry Noia, e xuntos repasarán as aventuras de “A nena e o grilo” e descubrindo os seus segredos, a través de cancións e contos.

As aventuras inciden directamente en temáticas esbozadas nas entregas de Magín Blanco ao público infantil, dende a publicada no 2010 “A nena e o grilo no país das apertas” ou a do 2012 “A nena e o grilo nun barquiño” como na máis recente “Gatuxo” pasando asemade por outras publicacións como “María Fumaça” ou “Rosalía pequeniña”.

As músicas irán viaxando polas singulares aventuras coas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva dos nenos, sinxela e xenerosa. Ten un formato de concerto musical, sendo as letras das cancións e as súas introducións as que marcarán o ritmo desta proposta.

O espectáculo comezará ás 12 horas e a entrada custará 3 euros anticipada e 4 euros na billeteira.  Á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Artigos relacionados

Back to top button