CulturaÚltima hora

A Banda de Gaitas do Concello do Bolo recibe 7.000 euros da Deputación

A Gudiña recibirá 8.670 euros para as obras na pista de Pentes
Montserrat Lama deu conta dos asuntos tratados hoxe na Xunta de Goberno.

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un total de 136.758 euros en axudas a asociacións e concellos da provincia para actividades de índole cultural deportiva e infraestruturas. A deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, deu conta destes e doutros asuntos tratados hoxe, 17 de novembro, en rolda de prensa.

No que atinxe ao oriente ourensán, destinaron unha axuda para a banda de gaitas do Concello do Bolo por un importe de 7.000 euros. Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 8.670 euros para o financiamento das obras realizadas na pista de Pentes, no Concello da Gudiña.

En canto ao resto de concellos da provincia, a Xunta de Goberno destina 15.900 euros para a Asociación Cultural e Xuvenil Banda de Gaitas do Concello de Verea, destinada aos gastos de desprazamento a Strakonice 2017 e gastos de material. Por outra banda, aprobaron unha axuda de 7.308 euros para a Asociación Ourensana de Xadrez para a escola deportiva do ano 2017.

Para o concello de Calvos de Randín aprobouse unha axuda de 59.380 euros destinada ás obras de explanación en terreos de propiedade municipal para a dotación do solo industrial.

Asemade, o Concello do Irixo percibirá dúas axudas. Por unha banda, unha en materia deportiva, por importe de 5.000 euros para o desenvolvemento do Campionato de España e o Campionato Galego de Cross Country 2017; e outra axuda de 3.500 euros para a celebración da Festa do Cabalo do Irixo 2017. Por último, para o concello de Lobios aprobouse unha axuda de 30.000 euros para rematar o acondicionamento do Foxo do Lobo en Guende.

Entradas a Pazolandia

Cada Nadal instálase no Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación, en Ourense, o parque de atraccións “Pazolandia”. A Xunta de Goberno aprobou o prezo da entrada, que terá un custo de tres euros para aqueles que accedan en viaxes promovidos polos concellos da provincia e, en 4 euros, para o público xeral. “Pazolandia” chega estas festas á súa 25 edición

Artigos relacionados

Back to top button