ConcellosÚltima hora

A Banda de Música do Barco actuará ao principio do programa “Aquí Galicia”

O director da Banda de Música, cun dos técnicos do programa “Aquí Galicia”, no pasado mes de xaneiro./ Foto: A.R.

Non será a primeira vez que actúen na televisión, nin tampouco que o fagan no programa “Aquí Galicia”. Hai oito meses, a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada, era unha das agrupacións neste magacín da televisión galega que se emitía dende O Barco.

Agora, coincidindo coas Festas do Cristo, “Aquí Galicia” regresará á vila valdeorresa o vindeiro 16 de setembro a partires das catro e media da tarde. Ademais repetirá escenario, xa que a retransmisión farase, de novo, dende a praza Andrés de Prada. Unha das primeiras actuacións do programa será precisamente a da Banda de Música do Barco, que interpretará pezas como “Moliendo café”.

A Banda de Música do Barco volverá a actuar o sábado 15 de setembro no programa “Aquí Galicia”./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button