En portadaÚltima hora

A Banda de Música do Barco actuará en “Aquí Galicia”

Será unha das agrupacións convidadas neste programa da televisión galega que se emitirá en directo na tarde do 21 de xaneiro dende O Barco

Entre as interpretacións musicais do programa “Aquí Galicia” que a TVG emitirá na tarde do 21 de xaneiro estará a da Banda de Música do Barco. Esta formación musical, dirixida por Manuel Prada, tocará dúas pezas.

 

A Banda de música durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A primeira delas será “Flashdance” e, a segunda, a composición “Viloira”, co acompañamento da Banda de gaitas barquense.  Neste programa tamén tocarán outras formacións musicais valdeorresas e a súa emisión será en directo dende a praza Andrés de Prada a partires das catro e media da tarde. Esta actividade está incluído no conxunto de actos da XVII Festa do Botelo do Barco.

 

Non será esta a primeira vez que a Banda de Música actúe na televisión, xa que o pasado decembro tocaba no programa “Luar”, tamén da televisión galega.

 

Os integrantes da Banda de Música do Barco e tamén da banda de gaitas, tras participar no programa “Luar”, no pasado decembro. Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button