ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Banda de Música e de Gaitas do Barco interpreta “Viloira” no Luar

Actuaban na noite do 2 de decembro neste programa musical da televisión galega

Debutaba na televisión e facíao tocando no programa da televisión galega “Luar”. A Banda de Música do Barco actuaba, acompañada pola Banda de Gaitas desta mesma vila, na emisión da noite do 2 de decembro. Os 60 músicos interpretaban sobre o escenario do “Luar” a peza “Viloira”, de primeiros do século XX e que ten formado parte do repertorio do grupo trivés Os Trintas.

Nesta galería de imaxes, diversos momentos da actuación.

A actuación pode verse nesta ligazón:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/luar

Artigos relacionados

Back to top button