Galerías de fotosÚltima hora

A bandeira do Barco co nome da familia Careca luce nas festas do San Roque no seu barrio

Con motivo das festas é habitual que as casas dunha vila ou dun barrio se engalanen e colguen bandeiras españolas e galegas nas súas fachadas. O que é menos habitual é ver, como neste caso, a bandeira do Barco. Así sucedía durante a celebración das Festas de San Roque deste ano nesta vila valdeorresa na que a casa familiar dos Careca, situada no casco antigo barquense, lucía coas cores desta bandeira co nome da familia.

Ademais esta bandeira ten estado presente en diversas celebracións familiares e en eventos deportivos de calado internacional como o recente Eurobasket feminino na República Checa, no que ganaba o ouro a selección española, dirixida por un membro dos Careca, Lucas Mondelo García.

Artigos relacionados

Back to top button