Galerías de fotosÚltima hora

Bandeiras polo Día do Orgullo LGTBI, no Concello do Barco

O Concello do Barco únese á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, coa colocación de bandeiras arco iris tanto na Casa Consistorial como no Edificio Multiusos, situados no centro da vila. As bandeiras foron colocadas na mañá do 27 de xuño e estarán nas fachadas ata a próxima semana.

Ademais deste xesto, o Concello do Barco súmase á declaración institucional aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) sobre esta celebración. No texto da devandita declaración sinálase, entre outras cuestións, que “non son posibles as políticas de igualdade sen os Concellos. Por ese motivo, reivindicamos a necesidade de dotar ás Entidades Locales das competencias nesta materia así como de suficientes medios e recursos para, en colaboración co Gobierno e as CCAA, asegurar a implementación adecuada de todas as políticas e iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas en todos as nosas vilas e cidades”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button