OurenseÚltima hora

Baños de Molgas acollerá esta fin de semana o campionato de España de ciclismo escolar

Disputaranse as modalidades de fondo infantil, BTT, ximkana, cadete feminino e masculino, e contrarreloxo individual e por equipos

Na presentación do campionato de España escolar de ciclismo 2018 infantil e cadete que terá lugar en Baños de Molgas do 6 ao 8 de xullo, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, destacou este campionato polo seu carácter “igualitario e inclusivo” facendo referencia á modalidade adaptada na que poden participar cegos e deficientes visuais, así como deportistas con parálise cerebral e discapacidade física.

Durante o acto que tiña lugar na mañá do 4 de xullo na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a responsable do Deporte galego tamén subliñou a capacidade organizativa que ten Galicia para os eventos deportivos e valorou a importancia de que un campionato de España se celebre en Galicia. Asemade destacou como, neste campionato xúntanse dúas áreas de especial relevancia para a Secretaría Xeral para o Deporte como son o ciclismo e a actividade física orientada as idades máis temperás. Nas súas verbas, a secretaria xeral referiuse á importancia que ten para a comarca macedá o ciclismo, especialmente o ciclismo de montaña, que conta con grandes representantes como son Pablo Rodríguez Guede ou Iván Feijóo, nomes que alentan aos demais rapaces a formar a gran canteira ciclista de Galicia.

Dentro do campionato disputaranse as modalidades de fondo infantil, BTT, ximkana, cadete feminino, cadete masculino, contrarreloxo individual e contrarreloxo por equipos.

Artigos relacionados

Back to top button