Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Baños de Molgas, capital do ciclismo nacional escolar

A localidade ourensá acolleu esta fin de semana o campionato de España nas modalidades de fondo infantil, BTT, cadete feminino e masculino, e contrarreloxo individual e por equipos

Unha medalla de ouro, dúas de prata e unha bronce foi a colleita da selección galega de ciclismo nos campionatos de España escolar que se celebraron esta fin de semana na localidade ourensá de Baños de Molgas. Á prata lograda na por Miguel Mera na crono individual cadete sumábase o bronce do equipo feminino de btt e culminábao a prata por equipos na proba de liña cadete e a medalla de ouro e Campionato de España para Manuel Rodríguez.

As probas contra reloxo por comunidades erán as encargadas de abrir o programa o venres 6 de xullo pola tarde. Os equipos femininos foron os primeiros en entrar en liza e a selección galega foi oitava. O equipo masculino pola súa banda era noveno. Na proba individual, Miguel Angel Mera sumaba para Galicia a primeira medalla, ao lograr a prata cun crono de 10:26.

Na xornada do sábado estivo concentrada a maior parte da competición que se iniciou coas probas de liña infantís na sesión matinal nun trazado de 13 quilómetros. En categoría feminina o campionato foi para a valenciana Vania Rico. As catalanas levaron a prata e o bronce individual, e o ouro por equipos. Na proba masculina o navarro Xabier Zabala proclamouse campión de España infantil.

Pola tarde, as probas de btt trouxeron á selección de Galicia o bronce do equipo feminino. O combinado formado por Noela Saa, Laura Capa, Laura Fernández e Zaira Vila conseguiu acceder ao terceiro posto do podio tras as seleccións de Andalucia (ouro) e Cataluña (prata). Os representantes masculinos quedaron ás portas do podio por equipos coa cuarta praza. A nivel individual a macedana Noela Saa foi a mellor entre as galegas cunha oitava posición.

Na última xornada disputouse a carreira masculina sobre un percorrido de 61 quilómetros que circundaba o concello de Baños de Molgas e aí Manuel Rodríguez facíase co campionato.

Os campionato foron organizados pola Federación Galega de Ciclismo e a Fundación Ado Moure, contando coa participación de ciclistas de 17 comunidades autónomas, e a colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, Allariz, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio.

Fotos: Clemente Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button