CulturaCulturaÚltima hora

Baobab Teatro presenta “O lobo e a Lúa” en Viana do Bolo

A obra poderá verse o xoves 12 de outubro ás 19h. na Casa da Cultura dentro do Ciclo Outono Teatral

 

Cartel desta obra de teatro.

Unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor que acontece á luz da lúa. Así é “O lobo e a Lúa” da compañía Baobab Teatro, unha peza que formará parte do Ciclo Outono Teatral que organizará ao longo do mes de outubro o Concello de Viana do Bolo.

Esta representación, pensada para o público infantil, está prevista para o 12 de outubro ás 19h. na Casa da Cultura. Está dirixida por Óscar Ferreira e Andrea Bayer e do seu elenco forman parte Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers.

Artigos relacionados

Back to top button