CulturaCulturaÚltima hora

Baobab Teatro presenta na Rúa a obra “Pum, pum!”

A representación será este sábado, 16 de febreiro, ás 18h. no Centro Cultural Avenida

Cine e tamén teatro. O Centro Cultural Avenida da Rúa conta cunha programación regular e esta fin de semana preséntase moi completo. En horario habitual (venres: 22h; sábado: 20:30 e 23h; domingo: 17 e 20h; e luns: 22h) proxectarase o filme Alita, Ángel de Combate o último traballo cinematográfico de Robert Rodríguez; e ademais, o sábado 16 de febreiro ás 18h. haberá teatro da man de Baobab.

Pensada para un público familiar e nenos a partir dos 4 anos, Pum, pum! narra a historia de Marieta, unha nena de 5 anos rodeada de portas que se abren e contan historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou…

Trátase dun espectáculo (con monicreques) tenro para cativos, que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos de curta idade, pero tamén envía unha mensaxe clara: desde moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

 

Cartel da obra de teatro Pum, Pum!

 

Artigos relacionados

Back to top button