Galerías de fotosÚltima hora

Bar Martillo: punto de encontro de mozos, xente maior e peregrinos, en Éntoma

Ademais de tomar un café, un bocadillo ou unha copa, no local pódense selar as credenciais do Camiño de Inverno

En pleno Camiño de Inverno, ao seu paso por Éntoma (O Barco de Valdeorras) o bar Martillo serve como punto de encontro para a mocidade (da localidade e da contorna), a xente maior e tamén para os peregrinos que poden selar as súas credenciais.

Con Noa Díaz ao fronte dende hai case tres anos, o local de hostalaría está aberto de martes a venres dende as 13 horas ata o peche e a fin de semana a partires das 11:30h, con pinchos todas as tardes ademais de bocadillos fríos e quentes, hamburguesas, pizzas, patacas… E xa de cara ao verán, refrescantes granizados (de fresa, limón, sandía,…) mojitos, piña colada,… para degustar no interior ou na terraza que conta cunha parte cuberta con canas.

Fotos: Carlos G. Hervella a excepción da última da galería que é cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button