OurenseÚltima hora

Barbadás abre 17 parques infantís, 9 pistas polideportivas e a pista de skate

Os máis pequenos poderán desfrutar das instalacións a partires de mañá, 17 de xuño, ás 11:00 h.

O Concello de Barbadás abrirá a partires de mañá, día 17 de xuño, 9 pistas polideportivas, a pista de skate e 17 parques infantís. O horario será de 11:00 a 21:00 h. e terá un aforo máximo dunha persona por cada catro metros cadrados. Ademais, será obligatorio manter a distancia de seguridade ou no seu defecto a utilización de mascarilla. Os parques infantís serán desinfectados diariamente e nuns días instalaranse dispensadores de xel hidroalcoólico.

 

 

Os parques infantís que abrirán serán o de Loiro, Bentrances, Sobrado (Fidalguiño), Pontón, Barbadás (antigo centro médico), As Lamas, A Valenzá (Amieiros, Patos, Tren, Solaina, Casa da Cultura, Bahamonde), Finca Fierro (parque da fonte), Parada, Piñor (Campo de Roma), Santa Uxía, e Mundideo.

Pola súa banda, as pistas deportivas serán a da Solaina, Sobrado (Fidalguiño), Campo de Roma, Parada, Finca Fierro, Barbadás (a carón do antigo centro médico), Bentraces (Barreiro), Loiro (antiga escola), e a pista de skate.

Artigos relacionados

Back to top button