OurenseÚltima hora

Barbadás abre mañá, 15 de xullo, a súa piscina pública

O aforo estará limitado ao 30% da súa capacidade e o recinto será desinfectado varias veces ao día

A piscina municipal de Barbadás. / Foto: cedida.

 

Os veciños da localidade ourensá de Barbadás poderán desfrutar das piscinas públicas do concello a partir de mañá, 15 de xullo e ata o día 15 de setembro. Os primeiros tres días, o recinto estará aberto únicamente no pola tarde e, a partir do día 18 e ata fin de tempada, o horario pasará a ser de 11:30h a 20:30h en tres quendas (11:30 – 13:00, 13:30 – 15:00, 16:00 – 20:30). Os períodos entre as quendas serán aproveitados para a desinfección do recinto.

Ademais das normas xerais, a piscina seguirá este ano un protocolo sanitario derivado da pandemia da Covid-19. O aforo estará limitado a un 30% da súa capacidade (200 persoas) e para acceder ao recinto será necesario facer unha reserva. Tamén será obrigatorio o uso de mascarilla e chanclas nas zonas de tránsito así como a desinfección con xel hidroalcólico á entrada e á saída.

Unha vez dentro, os bañistas deberán permanecer dentro da súa área delimitada e gardando sempre unha distancia de seguridade con outros usuarios de 1,5 metros como mínimo a non ser que sexan convivintes. Ao longo do recinto, está indicado o número de persoas que poderán acceder a cada parcela. É obrigatorio ducharse antes de acceder ao vaso e os residuos deberán ser gardados en bolsas que se depositarán no lixo no momento da saída.

Para facer a reserva: https://app.saudeter.com/reservas_galileo/5f06f9993490273db524ba29

Máis información: 988263519 ou o email polideportivo@barbadas.es

Artigos relacionados

Back to top button