OurenseÚltima hora

Barbadás abre o prazo de inscrición para o servizo “Bos días cole” e as actividades extraescolares

As iniciativas celebraranse no CEIP O Ruxidoiro e no CEIP Filomena Dato

O concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para o servizo “Bos días cole” e as actividades extraescolares. Así, as iniciativas levaranse a cabo no CEIP O Ruxidoiro e no CEIP Filomena Dato.

As actividades extraescolares ofertadas son “Música e movemento” (5º e 6º de infantil), “Plástica creativa” (infantil e primaria), xadrez (primaria), “Play&learn”,  (infantil), baile (infantil e primaria), patinaxe (primaria), “circo científico” (primaria) e robótica (4º, 5º e 6º de primaria). O prazo para inscribirse será dende hoxe, 13 de xullo, ata o 7 de agosto.

 

Cartel da actividade.

 

Pola súa banda, o servizo de “Bos días cole” terá dúas quendas: na da mañá ofertaranse 85 prazas no CEIP O Ruxidoiro e 60 prazas no CEIP Filomena Dato. Mentres que na quenda de tarde haberá 30 prazas en ambos centros docentes. Ademais, o horario da mañá será dende as 7:30 horas ata as 9:15 horas; e o de tarde dende as 15:15 horas ata as 16:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close