OurenseÚltima hora

Barbadás acolle a súa II Romaría Feminista

Esta actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, terá lugar o día 5 de outubro

 

Cartaz da actividade.

 

Barbadás celebrará a segunda edición da Romaría Feminista o día 5 de outubro. Esta actividade organizada por Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, ten como obxectivo o de “reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.”

Todas as persoas que o desexen poderán poñer un posto, sempre e cando o obxectivo sexa amosar a súa actividade, ben sexa artística, artesanal, comercial, informativa, ou calquera outra que garde relación coa temática da romaría.

Artigos relacionados

Back to top button