EconomíaEconomíaÚltima hora

Barbadás acollerá a 34ª edición da Feira Apícola de Galicia este sábado

 

 

A 34 edición da Feira Apícola das Rías Baixas, cun carácter virtual, desenvolverase na xornada do sábado 9 de abril no Centro Transfroiterizo de Barbadás, onde ten a súa sede precisamente a Agrupación Apícola que reúne a varias asociacións de toda Galicia.

Dar a coñecer o universo da apicultura ao público é un dos seus obxectivos e un fin que se materializaba a través da súa tradicional Feira Apícola das Rías Baixas que se foi transformando nesta feira vía streaming.

Esta edición da mostra vai incidir na innovación no proceso productivo, tamén vai abordar cuestións como enfermidades da Apis mellifera, mentras que unha das partes máis atractivas do evento son as catas comentadas, nas cales hai prazas limitadas dun máximo de 40 participantes.

A agrupación para o desenvolvemento e formación do sector apícola Agrupación Apícola de Galicia creouse en 1999 cos obxectivos de fomentar a práctica da apícultura da nosa comunidade e proporcionar asesoramento técnico e servizo cualificado a todos e todas os apicultores e apicultoras galegos que é algo fundamental a formación, o asesoramento, a innovación.

Na presentación desta mostra a tenente alcalde do Concello de Barbadás, Victoria Morenza, destacaba que “esta feira ten un longo percorrido, é un evento de carácter internacional no que participan países como Francia, Arxentina e Italia”.

José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, explicaba na presentación que a Feira das Rías Baixas foi unha feira fundada nas Rías Baixas, concretamente en Vigo, despois pasou á zona do Porriño, e tiñamos salí un recinto que o concello do Porriño nos cedeu pero que unha vez que veu a pandemia, no era factible seguila celebrando nesta ubicación”.

A solución foi facela on line e xa é esta a terceira edición que se celebra en Barbadás, indicou Seijo, quen destacou “o agradecemento ao Concello de Barbadás, co que temos unhas comunicación excelentes e dende o inicio da pandemia a nosa decisión foi facela dende aquí, xa levamos dous anos, este xa vai ser o terceiro as cales saíron expléndidas cunha comunicación amplia, chegou a moitísimas partes, felicitaronnos polas condicións que se están facendo” .

O programa incluirá ponencias de ámbito internacional, catas de mel e unha actividade didáctica no Colexio Ruxidoiro (neste venres). Os actos dos sábado comezarán a partir das 10:30h. Entre eles figuran unha intervención a cargo de Gilles Fert, especialista en cría de raíñas, quen achegará unha visión completa da cría de raíñas. Ás 13,00 horas o italiano Antonio Nanetti falará sobre as enfermidades. E xa ás 17,00 horas haberá unha cata comentada, entre outras propostas.

Artigos relacionados

Back to top button