SanidadeÚltima hora

Barbadás busca superar as 5.000 doazóns de sangue este verán

O Concello regalará xeados a todos os doantes que se acheguen á unidade móbil o xoves 11

Doazón-Sangue-Bus OK

Superar as 5.000 doazóns este verán. Ese é o reto que se marca o Concello de Barbadás para axudar aos enfermos ingresados nos hospitais. Para iso pon en marcha unha campaña de concienciación que busca mobilizar e incrementar os 755 doadores censados no municipio premiando a súa solidariedade cun xeado.

Segundo os datos aportados pola administración local, o municipio leva rexistradas 4.941 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil, en 1995. Agora o obxectivo é superar esa cifra durante os meses do estío.

A unidade móbil estará na Valenzá o vindeiro xoves 11 diante da farmacia situada á altura do número 72 da avenida de Celanova. Os interesados poderán acudir en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21 horas.

Nesta campaña colabora o Centro de Transfusión de Galicia e as concellerías de Sanidade e Comercio de Barbadás.

Artigos relacionados

Back to top button