OurenseÚltima hora

Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual

A participación está aberta a toda a cidadanía para que participe de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes

Publicidade

 

A pandemia obrigou aos concellos a suspender os programas do Entroido 2021, pero no Concello de Barbadás non se resisten a quedar sen o seu desfile polo que celebrarán un virtual, como alternativa de ocio para unha das citas máis importantes neste concello ourensán.

Así, o Desfile Virtual do Entroido de Barbadás será o martes día 16 de febreiro durante todo o día e o seu percorrido poderá visualizar na páxina web: barbadas.gal e nas redes sociais do Concello. As persoas que queiran participar deberán adxuntar a súa foto (que deberá incorporar no disfraz unha mascarilla) e cubrir o formulario online de inscrición entre o día 1 de febreiro e o día 13 ás 14 horas.

Establécense catro categorías e ademais haberá dun premio especial para o disfrace máis inxenioso.

    • Comparsas: 1º premio, 450€; 2º premio, 350€; 3º premio, 250€.
    • Parellas: 1º premio, 150€; 2º premio, 75€; 3º premio, 50€.
    • Individuais adultos: 1º premio, 100€; 2º premio, 50€; 3º premio, 25€.
    • Individuais infantís: 1º premio, bono regalo 100€; 2º premio, bono regalo 50€; 3º premio bono regalo 25€.
    • Categoría Especial: Premio de 100€ para o disfrace más enxeñoso.

O xurado terá en conta principalmente cualidades que respondan ao espírito do Entroido (a graza, a orixinalidade, a sátira, a transgresión), a creatividade e a elaboración do vestiario.

Con esta iniciativa o Concello de Barbadás “pretende seguir mantendo a tradición do Entroido no noso municipio a pesar do estado de pandemia, que se remonta a moitos anos atrás e que se iniciou nas parroquias do rural do noso concello e que se trasladou e pervive con moita intensidade na Valenzá”, indica Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde de Barbadás, asegurando que “é importante que a tradición deste Entroido se adapte á nova realidade e teña unha continuidade ata que a situación de emerxencia sanitaria desapareza”.

A concelleira de Cultura, Marga Pérez, pola súa banda, comenta que “debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo, faise necesario buscar unha alternativa para que todos e todas poidamos seguir gozando do noso Entroido. Como este ano temos que prescindir do desfile pola rúa, pero non das gañas de disfrazarnos, O Concello de Barbadás organizou o desfile do Entroido Barbadás 2021 en formato virtual”.

Artigos relacionados

Back to top button