CulturaCulturaÚltima hora

Barbadás comeza a súa axenda cultural para o verán co espectáculo “Ikigai”

A función terá lugar hoxe, 2 de xullo ás 21h no Parque dos Patos do concello e ofrece unha actuación de circo e rúa

Cartel promocional de “Ikigai” dentro da programación de “E no verán..? Refréscate coa cultura”.

 

O Concello de Barbadás aposta pola cultura nos meses de verán co proxecto “E no verán…? Refréscate ca cultura”. O primeiro dos eventos programados é “Ikigai” un espectáculo danza-circo 360º de medio formato, interpretado pola compañía SU.MA e que terá lugar hoxe, xoves 2 de xullo ás 21h no Parque dos Patos do concello. A obra ten unha duración aproximada de 50 minutos e está catalogada como apta para un público familiar.

“Ikigai” está dirixida por Gonzalo Guerreiro e xira en torno a dous personaxes (interpretados por Sue Moreno e Maria Move) que crean mundos de fantasía, con xogos, imaginaxión, acrobacia aérea e voz cantada en directo como eixos centrais da obra. Os seus eixos temáticos son os conflictos, decisións e dificultades que forman parte da vida cotiá e cómo poden tornarse nunha agradable aventura.

Artigos relacionados

Back to top button