CulturaCulturaÚltima hora

Barbadás dará comezo ao seu programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura” o vindeiro 2 de xullo

Terá lugar no Parque dos Patos e dará comezo cun espectáculo de danza e circo

O Parque dos Patos de Barbadás será o escenario do programa “E no verán? Refréscate coa cultura”. Terá lugar dende o 2 de xullo ata o 3 de setembro, e comezará cun espectáculo de danza e circo “Ikigai”, a cargo de SU.MA.

Os irmáns Quintá serán os protagonistas o 9 de xullo do camiño de volta de San Andrés de Teixido despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu difunto avó. O título deste espectáculo é “Os romeiros do caracol”, posto en escena polos Fantoches bag.

 

Nunha edición pasada da actividade.

 

Charo Pita presentará o xoves 16 de xullo “No país do vento”, un espectáculo musical para toda a familia.

Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes e, sobre todo, de risas conforman “Crunch”, cuxos protagonistas son dous superhéroes. Será protagonizado o 23 de xullo polos actores Muu ás 21:00 horas.

Os protagonistas do verán cultural en Barbadás o día 30 de xullo serán Piscore, que fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. “Concerto con fusión” é o título do espectáculo no que teñen cabida diferentes ritmos: música latina, rock and roll, reggae, pop ou música disco.

Así, o teatro chegará ao escenario que estará todo o verán no parque dos Patos da man de Teatro Ghazafelhos coa posta en escena da obra “Acuario”, dirixido á xente miúda da casa para que se acheguen á poesía en lingua galega, aprendan o nome de peixes de descubran a riqueza bioloxica do litoral de Galicia.

O Sonoro Maxín estarán en Barbadás o 20 de agosto presentando o espectáculo “De navallas e cumbias”. Mentres que “Crónicas do paraíso” é o título do espectáculo que Sarabela Teatro presentará no escenario do parque dos Patos o 27 de agosto. Esta obra que poñerá en escena Sarabela Teatro reflexa a forza do capital, da igrexa e do negocio escuro, colocando aos personaxes nunha situación irónica entre a vida e a morte.

Por último, como colofón do “Verán cultural” de Barbadás proxectarase a película “Yesterday”, na que Jack Malik soña coa fama e conta co apoio da súa amiga incondicional Ellie. Tras un accidente dase conta de que é a única persoa que pode recordar ao Beatles.

 

Artigos relacionados

Back to top button