ConcellosÚltima hora

Barbadás ergue o telón da II Mostra de Cinema Galego na Lembranza

Celebrarase durante todo o mes de outubro e arrinca mañá, coa proxección de “Fisterra, onde termina o mundo”, ás 21 horas
Cartel da mostra.
Cartel da mostra.

Este mes de outubro, o Concello de Barbadás prepárase para gozar das mellores películas galegas. Mañá arrinca a II Mostra de Cinema Galego na Lembranza coa proxección do filme “Fisterra, onde termina o mundo”. A iniciativa terá lugar cada venres ás 21 horas, durante todo o mes. O escenario elixido será o Auditorio da Casa da Cultura Manuel María. A entrada é libre até completar aforo, polo que os asistentes deberán recoller as invitacións previamente na Casa da Cultura. Organiza a Concellaría de Cultura de Barbadás, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Artigos relacionados

Back to top button