OurenseÚltima hora

Barbadás organiza campamentos durante os meses de verán para conciliar a vida familiar e laboral

O Concello oferta 140 prazas por cada quincena distribuidas entre campamentos urbanos e rurais

O Concello de Barbadás organiza campamentos a través de “Concilia Barbadás” para conciliar a vida familiar e laboral para os meses de xullo e agosto. Ofertaranse 140 prazas por cada quincena distribuidas entre campamentos urbanos e rurais. Así, será requisito indispensable que os proxenitores estén traballando no periodo solicitado.

 

Durante unha das pasadas edicións do campamento. /Foto: Concello de Barbadás.

 

Os solicitantes poderán participar en dúas quendas, podendo solicitar ata tres diferentes e indicando a orde de prioridade, xa que terán prioridade os nenos que non participasen en ningunha. Así, o custo da praza é de 20 euros por neno.

O prazo de inscrición será dende o luns 22 ata o xoves 25 de xuño. As inscricións realizaranse de forma telemática no Rexistro Xeral do Concello ou presencialmente no rexistro con cita previa na Casa do Concello (988 36 00 00) ou nas oficinas de A Valenzá (988 39 31 68).

 

Artigos relacionados

Back to top button