ConcellosÚltima hora

Barbadás organiza o seu primeiro concurso de pinchos do 16 ao 18 de setembro

Máis dunha vintena de establecementos ofrecerán a súa mellor tapa a un prezo de 1,5 euros
O municipio gozará do seu primeiro concurso de pinchos do 16 ao 18 de setembro.
O municipio gozará do seu primeiro concurso de pinchos do 16 ao 18 de setembro.

O Concello deBarbadás pon en marcha o seu primeiro concurso de pinchos, que terá lugar do 16 ao 18 de setembro. Baixo o título ‘Barbadás, a bocados’, máis dunha vintena de establecmentos ofrecerán a súa mellor tapa a un prezo de 1,5 euros. Concretamente xa hai 22 inscritos pero a participación aínda non está pechada. A fin de semana gastronómica complementarase con showcookings, talleres para nenos e adultos, catas e degustacións.

Os locais participantes servirán os pinchos durante cada un dos días que dure o concurso en horario de 12 a 15:30 horas, en quenda de mañá, e de 19 a 23 horas pola tarde -a excepción do domingo, que se servirán até as 22h). Ademais, en cada establecemento haberá unhas tarxetas de votación a disposición dos clientes. Con cada degustación, o local deberá selar a tarxeta. Ao final, o cliente votará o seu pincho favorito, aínda que para iso debe ter  probado como mínimo catro tapas de entre os participantes.

Os que entren a participar deste xogo votando, entrarán no sorteo de varios vales de compra por importe de 50 euros cada un para gastar nos establecementos do comercio local de Barbadás.

Os establecementos que queiran participar poden inscribirse até o día 22 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button