OurenseÚltima hora

Barbadás prepárase para a instalación e uso das terrazas dos locais de hostalaría na desescalada

O Concello autoriza a súa reapertura ao público limitándose ao 50 % as mesas permitidas

 

 

O Concello de Barbadás vén de emitir unha nota informativa sobre a instalación e uso das terrazas dos locais de hostalaría e restauración durante o período de desescalada, na que que lembran a autorización da súa reapertura ao público limitándose ao 50 % as mesas permitidas no ano inmediatamente anterior en base á correspondente licenza municipal. “En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos 2 metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas”, puntualizan.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza, “poderanse incrementar o número de mesas previsto no apartado anterior, respectando, en todo caso, a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública no que se sitúe a terraza”, aseguran dende o ente local.

Con respecto ás reunións nas terrazas dos establecementos de hostalería e restauración “autorízanse ata un máximo de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilicen para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecten a distancia mínima de seguridade entre persoas”.

No apartado de hixiene e prevención, é obrigatoria a limpeza e desinfección do equipamento da terraza, en particular mesas, cadeiras, así como calquera outra superficie de contacto, entre un cliente e outro. Priorizarase a utilización de mantelerías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, debe evitarse o uso da mesma mantelería ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos.

Outras das medidas a ter en conta é poñer ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos na entrada do establecemento ou local, que deberán estar sempre en condicións de uso; e fomentar o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo.

Tamén deberá evitarase o uso de cartas de uso común, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, lousas, carteis ou outros medios similares. O elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalería, xogo de cubertos ou mantelería, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores, eliminando produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteiras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

No que atinxe ao titular da actividade económica que se realice na terraza do establecemento ou local deberá cumprir, en todo caso, coas obrigas de prevención de riscos establecidas na lexislación vixente, tanto con carácter xeral como de maneira específica para previr o contaxio do Covid-19.

Con respecto ás estruturas, permítese o mantemento das de cubrición sempre que carezan de laterais e/ou frontais; permítese o uso de toldos anclados a parede; pero non se permiten as mamparas laterais ou frontais, sexan de lona, metacrilato ou calquera outro material nin elementos de separación entre as mesas.

Por último, con respecto ao horario, os establecementos de hostalería pecharán ao público ás 23 hora e concederase unha marxe de 30 minutos aos responsables e persoal dos mesmos para realizar as tarefas de recollida, limpeza e desinfección. As franxas horarias nas que a cidadanía poderá acudir a ditos establecementos serán as vixentes con ocasión no estado de alarma, segundo o núcleo de poboación, poderán estar diferenciadas por tramos de idade.

Artigos relacionados

Back to top button