OurenseÚltima hora

Barcelona, Atl. de Madrid, Atl. de Bilbao, Deportivo, Porto e Vitoria de Guimaraes, no III torneo alevín de fútbol 7 de Ourense

Santa Teresita e o Pabellón serán a representación ourensá na competición esta fin de semana nas Eiroás
Presentación do torneo, no Concello de Ourense.

O campo de fútbol das Eiroás acollerá esta fin de semana o III torneo internacional alevín de fútbol 7 Mercedes Benz-Garza. Un campionato no que participarán equipos dos principais clubs españoles e portugueses: FC. Barcelona, Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao, Deportivo da Coruña, FC. Porto e Vitoria de Guimaraes. A representación ourensá correrá a cargo do Santa Teresita e o Pabellón (gañador da fase previa a pasada fin de semana).

A competición comezará o sábado 15 de setembro ás 10 horas. Cun parón para xantar, os partidos reanudaranse de 16 a 20 horas. O domingo o torneo comezará de novo ás 10 horas. Xogaranse as semifinais e partidos de consolación, estando prevista a final para as 13 horas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close