EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bar Chicote de Viana reabre as súas portas cunha nova xerencia

Na tarde do 13 de outubro volvía a abrir as súas portas o Bar Chicote, situado na rúa da Liberdade de Viana do Bolo. Á fronte deste establecemento de hostalaría hai unha nova xerencia, en mans de dous mozos amigos dende a infancia: Daniel Rodríguez e Alejandro Herrera. É a súa primeira experiencia na hostalaría, unha actividade que pretenden complementar coa apicultura no caso de Daniel e coa gandeiría de vacún no de Alejandro.

O bar funciona diariamente a partires das 7 da mañá, agás os domingos nos que a apertura se retrasa ata as tres da tarde. É un local para poder tomar un café, pero tamén viños ou cañas acompañadas de diversos e saborosos pinchos, e, por suposto para desfrutar da noite. Ademais en moitas fins de semana esperan contar co DJ Tariro, que xa actuaba na reinauguración do local. Non deixes de pasar a visitalos.

 

Fotos: Carlos G. Hervella e tamén cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button