ConcellosÚltima hora

O Barco contará con catro novos pasos elevados de peóns

Así o adiantaba o alcalde do Barco ao responder a preguntas dos grupos da oposición na sesión plenaria do 2 de novembro
Paso de peóns que existe na actualidade fronte ao CEIP Otero Pedrayo, en Viloira.

No vindeiro ano o Concello do Barco ten previsto realizar catro novos pasos de peóns elevados co fin de acurtar a velocidade á que pasan os vehículos por determinadas rúas da localidade. Así o adiantaba o alcalde do Barco, o socialista Alfredo García, mentres respondía a preguntas plantexadas polos grupos da oposición (Riada Cidadá e PP) durante o pleno celebrado na tarde do 2 de novembro.

“Hai catro pasos elevados que consideramos prioritarios. Un deles é o da rúa Elena Quiroga (en Viloira), fronte ao CEIP Otero Pedrayo. Ademais tomamos nota da proposta [realizada por Riada Cidadá] de crear unha zona de carga e descarga nese mesmo lugar. Os outros tres pasos elevados serían na rúa Juan Giral, na Carrúa e fronte á estación”, aseguraba Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button