O Barco contará de novo cunha pista de xeo neste Nadal

Instalarase do 22 ao 30 de decembro na praza do Concello do Barco

Imaxe da pista da patinaxe instalada o pasado Nadal no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Para nenos, pero tamén para adultos. Neste Nadal novamente O Barco contará cunha pista de patinaxe de xeo sintético que se instarlá do 22 ao 30 de decembro na praza do Concello do Barco cun horario de 11h. a 13h. e de 17 a 21h. Ademais ao mesmo tempo haberá un parque de xogos con inchables no interior do pavillón vello.

Esta iniciativa será promovida polo Concello do Barco en colaboración con AEVA e co Barco CCA. Será un dos ingredidentes do completo programa navideño que se desenvolverá no Barco.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies