O Barco, entre os concellos con máis incidencias pola neve

Arredor da unha da madrugada comezaba a nevar lentamente no Barco. E, na mañá do 28 de febreiro, a vila espertaba completamente vestida de branco. Había moito tempo que non se recordaba unha imaxe así da localidade. Unha fermosa estampa branca, pero que tamén causaba certos problemas, entre eles que algúns traballadores do sector da lousa non puideran acudir ao seu posto de traballo.

De feito, segundo informa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, O Barco é, xunto coa Gudiña, Castro Caldelas e Vilardevós, un dos concellos da provincia de Ourense que rexistran un maior número de incidencias pola neve.

Por provincias, a máis afectada de Galicia foi a provincia de Ourense con 32 incidencias, seguida de Lugo con 24. A provincia da Coruña rexistrou 17 incidencias e Pontevedra, 12.

Nesta galería de fotos poden verse diversos lugares do concello do Barco cubertos pola neve. Entre estas imaxes, aparece, como anécdota, unha dun boneco de neve con moedas que algúns dos viandantes ían depositando para pedir que seguise nevando.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis fotos de neve no oriente ourensán:
https://www.osil.info/amencida-nevada-na-rua-rubia/

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies