ConcellosÚltima hora

O Barco e outros concellos da provincia recibirán novos contedores de reciclaxe

A Deputación encargarase de distribuír parte destes colectores posto que xestiona a recollida de lixo en diversos municipios. Esta acción é grazas a un convenio con Ecoembes
Manuel Baltar e Marisol Díaz, con representantes de Ecoembes, na presentación da acción medioambiental no Punto limpo de San Cibrao.

Os concellos do Barco de Valdeorras, Allariz, Barbadás, Piñor, Ourense capital a mancomunidade do Ribeiro, a Deputación e Ecoembes, veñen de asinar un convenio para distribuír un total de 686 contedores de envases lixeiros para fomentar a reciclaxe, na súa grande maioría (602), e outros para papel e cartón (84).

Ditos contedores foron achegados pola Xunta de Galicia grazas a un convenio Marco que ten con Ecoembes. O obxectivo desta campaña é aumentar a porcentaxe de reciclado dos residuos de envases no territorio provincial. A través deste acordo, porán en marcha medidas para a mellora da recollida de envases lixeiros, co fin de incrementar as cantidades recuperadas e favorecer un maior reciclado no territorio provincial.

Na presentación de hoxe, 8 de xaneiro, no punto limpo de San Cibrao das Viñas, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, sinalou que a Deputación xestiona a recollida de residuos municipais -vidro, papel-cartón e envases lixeiros- en 71 concellos, “un labor enmarcado dentro da política de sustentabilidade e defensa do noso medio ambiente que promove a institución provincial, con xestión, cooperación e campañas de sensibilización cidadá ao longo do ano”.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, apuntou que esta iniciativa supón “un investimento de 170.000 euros”. Díaz Mouteira remarcou que para a Xunta de Galicia “é unha prioridade a boa xestión de residuos”.

No acto tamén estivo presente o representante de Ecoembes en Galicia, Bruno Llano.

Artigos relacionados

Back to top button