DeportesÚltima hora

O Barco prepárase para a 11ª Carreira Popular Solidaria do Turrón

Esta proba non competitiva, prevista para a tarde do 21 de decembro, está aberta a todas as idades e pode facerse correndo ou camiñando
Participantes na anterior edición da Carreira do Turrón do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

Tendo en conta os récords de edicións anteriores, espérase unha gran participación na 11ª Carreira Popular Solidaria do Turrón, unha cita non competitiva que se celebrará a partires das 19:30h. do 21 de decembro no Barco. Congregará a centos de participantes de todas as idades, que acostuman acudir ataviados de xeito festivo e con moito humor.

A saída para os máis pequenos (ata 5 anos) darase ás 19:30h. na fonte da ra (Malecón) e a meta estará na praza Andrés de Prada. Media hora despois será a quenda dos deportistas da proba popular, que sairán dende Andrés de Prada. Nela o número de voltas será voluntario (1, 2 ou 3) e poderán realizarse andando ou correndo. Haberá premios individuais e tamén colectivos e, ao final, ofrecerase aos participantes unha chocolatada con biscoitos, seguida dun sorteo de produtos de Nadal.

As inscricións poden realizarse no teléfono 988 320202 ou no 2º andar do Edificio Multiusos do Barco. Ademais esta carreira, que organiza a Concellería de Deportes barquense, incluirá unha recollida de alimentos non perecedoiros, que serán doados ao Banco de Alimentos.

O programa deste Nadal incluirá ademais outras propostas deportivas como minibasket, torneos de fútbol 7, fútbol sala ou voleibol.

Máis información na edición en papel do Especial Nadal do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button