En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco recibe aos Reis Magos cunha nevada

Chegaban en autobús e realizaban unha longa e multitudinaria cabalgata pola vila ata chegar á praza do Concello

“Dea comezo a noite de Reis!”. Melchor remataba deste xeito o discurso que dirixía a nenos e maiores dende o balcón do Concello Vello do Barco de Valdeorras. Alí, acompañado por Gaspar e por Baltasar, ademais de polos seus paxes e polo alcalde barquense, lembraba a longa viaxe realizada ata a vila para reencontrarse un ano máis cos máis pequenos e recordaba de xeito especial a aqueles meniños refuxiados que vía durante o traxecto dende Oriente. Tamén lles daba aos rapaces unha serie de recomendacións para preparar a inminente noite de Reis.

Antes de Melchor, era o alcalde barquense, Alfredo García, quen se dirixía aos presentes e tamén ás súas Maxestades de Oriente. Pensando nos cativos, pedíalles que “esta noite non quede ningún neno sen xoguete” e para os adultos auga e “unha mellor calidade de vida” con melloras das administracións en cuestións fundamentais como a sanidade e a educación, entre outras.

Na praza do Concello do Barco, os Reis reuníanse e fotográbanse cos rapaces. Chegaban á vila en autobús pola tarde, e dende na estación e buses subíanse nas súas carrozas, xunto co súa comitiva, para dar inicio ás seis da tarde a unha longa e concurrida cabalgata entre caramelos e pompas de xabón ata chegar ao Concello do Barco. Alí baixábanse das carrozas e eran saudados polo alcalde e polas persoas de todas as idades que os agardaban entusiasmadas. Entón unha nevada soprendía ao público. Con ela tamén se despedían os Reis, saudando, dende os balcóns do Concello Vello. A visita real continuará esta noite en cada casa.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button