ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco recibe o Nadal patinando sobre xeo

Na mañá do 22 de decembro abríase ao público na praza do Concello do Barco a pista de patinaxe sobre xeo sintético. Os nenos eran os primeiros en probala. A partir de agora a pista estará en funcionamento ata o 30 de decembro. Funcionará nun horario de 11h. a 13h. e de 17 a 21h. Se ben o día 24 de decembro só estará aberto ata as oito.

Esta iniciativa está organizada por Mantesil en colaboración co Concello do Barco, con AEVA e co Barco Centro Comercial Aberto. De feito, os establecementos que participan na campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA repartirán 350 invitacións entre os seus clientes. Poderán recollelas na oficina de AEVA as persoas que presenten un ticket de compra obtido en cualquera destes comercios.

Con elas poderá usarse a pista durante 30 minutos en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 h.), durante os días 22 a 30 de decembro. As invitacións entregaranse dende mañá mércores, día 20 de dicembro, a partir das 16 horas e ata fin de existencias.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button