EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco recupera o Día de Valdeorras

Na mañá do 15 de setembro inaugurábase a feira de exposición e venda de produtos da comarca
A charanga Os Imparables tocando na Feira do Día de Valdeorras. /Foto: Ángeles Rodríguez.

Un pouco de todo. Gastronomía, artesanía, pintura, artigos de segunda man,… É o que se pode ver e mercar nos postos que durante todo o día de hoxe, 15 de setembro, permanecerán abertos no paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras. Trátase da Feira do Día de Valdeorras, unha iniciativa recuperada este ano no programa das Festas do Criso, na que todo (excepto a orquestra) é orixinario ou ten vinculación coa comarca.

Xa de boa mañá a charanga Os Imparables percorrían as rúas da vila animando aos veciños e visitantes, chegando ás 12h. ata o paseo, onde as concelleiras de Cultura Margarida Pizcueta e de Turismo, Irene Dacal, inauguraban a mostra que permancerá aberta de forma ininterrumpida ata as once da noite.

Máis información e fotos no seguinte enlace:

https://osil.info/especiales/a-inauguracion-da-feira-de-mostras-abre-o-dia-de-valdeorras-no-malecon-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button