CulturaCulturaÚltima hora

A barquense Eva F. Ferreira recolle o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Facíase co premio do xurado deste certame coa obra “O quinto inverno”, mentres que Carolina Alba lograba a distinción do público con “Un bo final”
A dramaturga valdeorresa Eva F. Ferreira, primeira pola esquerda (de pé), no acto de entrega de premios.

Na tarde do 6 de xuño facíase entrega na Radio Galega dos galardóns do X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Na categoría do xurado o premio recaía na dramaturga barquense Eva F. Ferreiro pola súa obra “O quinto inverno”, mentres que o premio do público recoñecía a “Un bo final” de Carolina Alba. Neste acto contábase coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Tania Lombao, xefa de programación da Radio Galega, no marco do programa Diario Cultural da emisora pública.

Os dous traballos ganadores acaban de ver a luz nun libro-disco dispoñible na Libraría Institucional da Xunta de Galicia (www.libraria.xunta.gal) que inclúe tamén os outros dous traballos finalistas da décima edición do premio, “Punto de vista”, de Avelina Pérez, e “Veos”, de Ana Mª Carreira, e mais os audios coas adaptacións radiofónicas dos textos, que foron dirixidas pola actriz Marta Pazos.

O garlardón, promovido pola Radio Galega, a través do programa Diario Cultural, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e O.U., está dotado con 3.000 euros para o premio da audiencia e con outros 3.000 para o do xurado, xunto coa publicación das obras dentro da colección do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Artigos relacionados

Back to top button