En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Barranquismo e escalada para limpar o arroio de Fervenza

Un grupo de case 40 voluntarios de clubs de barranquismo e escalada de Galicia e de Castela e León dedican a xornada do 14 de abril a recoller lixo desta zona barquense

Dende primeira hora da mañá do 14 de abril preto de 40 membros de clubs de barranquismo e escalada galegos, pero tamén procedentes de Castela e León, iniciaban unha xornada de limpeza no arroio de Fervenza (O Barco). Os voluntarios estaban coordinados dende o grupo de barranquismo de Lugo Irmandiños, coa colaboración do Concello do Barco.

 

Tras un breve descanso a mediodía, reanudaban as tarefas de limpeza durante a tarde. “Montaron un operativo espectacular con cordas, trípodes e cunha liña de baldes para poder sacar todo o material que se ía xuntando, senón sería imposible sacalo dalí”, explica o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, que seguía durante a mañá o desenvolvemento da limpeza. Na zona tamén se contaba con efectivos do GES Valdeorras.

“Tiñan preparados 370 sacos para o lixo e seguramente non lles vain chegar”, continuaba o edil, quen tamén adiantaba que a intención destes voluntarios é regresar, xa no outono, para completar a limpeza deste regato barquense.

Fotos cedidas pola Concellería de Deportes do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button