ConcellosÚltima hora

O barrio barquense de San Roque, en festas

No mediodía de hoxe os veciños desta zona sacaban en procesión á imaxe deste santo

Con música e a actividades para os máis pequenos poñíanse en marcha na tarde do 15 de agosto as festas de San Roque no barrio que leva este mesmo nome no Barco. Non faltaba tampouco partidos de fútbol de solteiros contra casados e logo había verbena co grupo Karmin.

Hoxe, 16 de agosto, será o día central das festas. A xornada arrancaba coa alborada a cargo dos gaiteiros polas rúas. Ás 12h. celebrábase a procesión coa imaxe de San Roque dende a capela na que se custodia, ata o espazo ao aire libre no que se desenvolverá a eucaristía presidida polo párroco Tomás Carbajo.

O programa pecharase co baile na praza a cargo da orquestra Breixaband, que actuará en sesión de tarde (a partires das 20:30h.) e verbena, poñendo o broche a uns festexos que cada ano reúnen a numeroso público da zona e tamén da contorna.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button