OurenseÚltima hora

O barrio da Ponte rende homenaxe ao seu patrón o Apóstolo Santiago

Os actos comezaron coa tradicional Misa Solemne para dar paso á procesión pola contorna do santuario de Santiago, na avenida das Caldas

O barrio Ourensán da Ponte celebrou hoxe, 25 de xullo, o Día Grande das súas festas coa tradicional procesión do seu patrón, o Apóstolo Santiago. As xentes do barrio e as personalidades da cidade agolpáronse diante da porta do santuario, na avenida das Caldas, para acompañar á figura do patrón polas rúas. Antes, cara ás 11:45 horas, celebraron a misa solemne en hora ao patrón.

Entre as personalidades estiveron varios membros da Corporación Municipal, como o alcalde, Jesús Vázquez, e varios membros do seu equipo de Goberno. Asemade, tamén asistiu o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que tamén é veciño do barrio, e estivo na comitiva procesional canda ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Toda esta comitiva estivo encabezada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, que marcou o paso entoando coas gaitas e os tambores o himno do antergo Reino de Galicia.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button