Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Bascuas di que CxG é “a garantía de que o sentido entre no Concello”

O líder de Compromiso por Galicia participaba no mitin celebrado en Ourense, apoiando a Mosquera
Xoán Bascuas e José Mosquera, no mitin de CxG en Ourense.
Xoán Bascuas e José Mosquera, no mitin de CxG en Ourense.

Compromiso por Galicia “debe estar na nova corporación ourensá que saia do resultado electoral do vindeiro domingo porque é garantía de que o sentido entre no Concello”. Dicíao o secretario xeral desta formación, Xoán Bascuas, no mitin celebrado en Ourense na tarde do 21 de maio no Teatro Principal. Nesta mesma liña pedía un “esforzo final aos militantes e simpatizantes” deste partido “para facer chegar esta mensaxe á veciñanza indecisa, que está farta de corrupcións e mentiras”.

Na súa intervención aseguraba tamén que “Compromiso é un partido con solvencia ideolóxica, que nada ten que ver con movementos de última hora e, sobre todo, que comparece en solitario en estas eleccións en Ourense porque, por riba de todo, non aceptamos que o fin xustifique calquera medio e menos aínda que a política poida facer estraños compañeiros de cama”.

E, en referencia ao cabeza de lista ourensán nestas eleccións, José Mosquera Casero, destacaba que é “dos mellores valorados” e “unha proposta definida para Ourense e para Galicia, dous bens escasos nestas eleccións”. Por iso “é preciso que esteamos no Concello e por iso temos que traballar duro nestes últimos días para conseguilo”.

Artigos relacionados

Back to top button