En portadaÚltima hora

A base de Valdeorras voltará a ter helicóptero propio en agosto

Anunciábao a conselleira do Medio Rural na visita que realizaba á base de Vilamaior (Verín)
Visita da conselleira do Medio Rural, na base de helicópteros de Vilamaior (Verín).
Visita da conselleira do Medio Rural, na base de helicópteros de Vilamaior (Verín).

A base de helicópteros de Valdeorras, que actualmente se utilizaba como base alternativa, pasará a ser titular en agosto. Isto significa que contará cun helicóptero propio grazas á incorporación de 4 aeronaves que fará a Xunta nese mes “co obxectivo de reforzar o operativo de incendios no momento no que se prevé serán máis necesarias”. Anunciábao a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na visita que realizaba na mañá do 27 de xullo á base de Vilamaior, en Verín. “Así, reforzamos aínda máis o operativo antiincedios na provincia de Ourense, a máis afectada historicamente polos lumes”, aseguraba.

Tras visitar Vilamaior, Ángeles Vázquez desprazábase tamén ao concello de Monterrei para ver os terreos afectados polo lume da parroquia de Vilaza, que está controlado dende o domingo ás 22.06 horas. Segundo as estimacións provisionais que manexa a Consellería, o incendio afectou a unha superficie de 170,32 hectáreas, das que 12 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 32 axentes, 47 brigadas, 27 motobombas, 7 pas, 8 helicópteros e 6 avións.

Artigos relacionados

Back to top button