ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Baxeles (Vilamartín de Valdeorras) tamén rende culto a San Martiño

A charanga Terras do Bibei puxo son á festa nesta localidade valdeorresa

Tamén na localidade vilamartinesa de Baxeles celebran cada 11 de novembro á festa na honra a San Martiño. Unha xornada na que veciños e visitantes desfrutan dos cultos, da música e do polbo.

A procesión coa imaxe do santo levada polos homes e da Virxe a ombros das mulleres, comezaba ás 12:30h. facendo un completo percorrido polas rúas do pobo acompañada musicalmente pola charanga Terras do Bibei. A mesma agrupación que unha hora despois, trala eucaristía presidida polo párroco, Ángel Sánchez, amenizada a sesión vermú á que asistían dúas pulpeiras. E despois festa rachada para celebrar o día do patrón do pobo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button