EconomíaEconomíaÚltima hora

Beatriz Gómez renova no seu cargo como presidenta da Federación de Comercio de Ourense

A decisión foi aprobada o pasado venres, 28 de agosto, nunha xunta directiva da organización

Beatriz Gómez / Foto: Carlos G. Hervella.

 

Beatriz Gómez Valcárcel continuará co seu cargo de presidenta da Federación de Comercio de Ourense por un ano máis. Así o decidiu a federación nunha xunta directiva celebrada o pasado venres, 28 de agosto, na que se trataron diversos temas relacionados co sector e coa propia organización.

Un dos puntos da orde do día reflexaba a convocatoria de eleccións para outubro pois, o vindeiro mes de setembro, Gómez debía deixar o cargo. A decisión foi tomada por unanimidade entre os presentes quenes consideraron que, debido á situación de crise sanitaria, o máis prudente era manter o equipo e prorrogar á actual presidenta no cargo ata que se poidan celebrar eleccións en condicións normais.

Artigos relacionados

Back to top button